Segundo informa a Xunta nun comunicado, Vigo ten auga potable ate o 20 de xaneiro. O encoro de Eiras, que suministra á cidade atópase ao 47,7% da súa capacidade e pode cubrir as necesidades dos veniños ate esa data. En canto a Zamáns, que da servizo, ademáis a Nigrán e Baiona, e que se atopa no 37,38% do seu nivel, ten auga ate principios de 2012. Polo que atingue a Galicia, co auga que hai pódense cubrir as necesidades da poboación, de media, uns cen días.
O goberno galego subliña que esta situación débese á falla de precipitacións nos meses pasados e, de momento, non require a declaración de emerxencia. O resto das grandes cidades teñen auga ate as mesmas datas, o encoro de Cecebre, en A Coruña, está ao 50,1% e garante o sumistro ate o 7 de febreiro e o de Forcadas, en Ferrol, ate o 14 de de marzo.
A Xunta só declararía o nivel de alerta de primeiro grao se as reservas só desen para 40 días; se só hubese auga para duas semáns, sería de segundo grao e se só se poidese garantir o suministro 5 días pasaría ao grao extremo.
O goberno galego lembra que de marzo a octubre rexistráronse precipitacións acumuladas de 274 litros por metro cadrado, o menor nivel dende 1990, cando foi de 274 metros cadrados e moi lonxe dos 535 litros, de media, entre 1960 e 2011.