Santiago Domínguez, explicou que a reforma abarcou 940 metros cadrados e contou cun investimento de 385.000 euros para facer unha “completa renovación estrutural e a mellora do que non se ve“. Incorporáronse servizos públicos esenciais, como os relacionados co subministro de auga coa instalación dunha rede separada de colectores para augas pluviais e residuais, respectivamente.
Domínguez salientou tamén que, tras a reforma acometida, a rede de gas chegará a todas as vivendas da rúa e se fixo unha “axeitada distribución das bocas de rego e incendio”. Respecto ao alumeado público, instaláronse novas luminarias, que supoñen un aforro enerxético do 50% alumeando o dobre das anteriores. Finalmente, renovouse a totalidade do pavimento, que segundo afirmou, “favorecerá que o Casco Vello sexa fundamentalmente para o disfrute dos peóns”.