O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, felicitou a Raúl Bouzas polo título de campión de Europa sub 21, acadado en Vigo o pasado domingo. José Ramón Lete, que viviu en directo o trunfo do galego no Campionato de Europa, recordou o emocionante momento xunto ao deportista vilagarcián e ao seu adestrador Jesús Benito, que tamén é o responsable da sección de taekwondo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
José Ramón Lete aproveitou este acto para comunicarlle ao deportista, que acaba de ser recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN), tralos éxitos acadados na presente campaña.