Galicia

Os deputados do Parlamento de Galicia deberán declarar o que teñen antes do 3 de decembro

Ese é o prazo para que cumpran co acordo da Mesa da Cámara, polo cal deben de especificar as rendas percibidas e a cantidade pagada por IRPF, propiedade de bens inmobles de natureza urbana, os de natureza rústica e os propiedades dunha sociedade, comunidade ou entidade que non cotiza en Bolsa e da que o declarante ten accións ou participacións; igualmente, os deputados deben facer constar o saldo de todos os seus depósitos en contas bancarias, así como outros bens ou dereitos (débeda pública, obrigas, bonos, certificados de depósitos ou accións e participacións en todo tipo de sociedades, entre outros), e aclarar se posúen vehículos, embarcacións ou aeronaves.

Por último, terán que declarar os empréstitos (coa descrición e acredor) aos que estean vinculados e disporán dun apartado de observacións para ampliar a información que consideren oportuna.

Eso sí, a declaración é voluntaria e enténdese sen prexuízo da obriga de presentar a declaración de bens esixida no artigo 6.7 da Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia e no artigo 15 do Regulamento do Parlamento, os coñecidos como ‘sobres’ que están salvagardados na Comisión do Estatuto do Deputado, a única que é a porta pechada no Pazo do Hórreo.


 

You may also like