O dia 4 do mes que ven, venres, podes facer algo diferente, en familia e con amigos. De 7 do serán a 11 da noite, e na Librería Infantil Peles Guedellas, que está Doutor Cadaval 21, varias tendas da zona: Sipi Nopi, de roupa para nenas e nenos, a xoguetería El país de Nunca Jamás, a xoiaría Atípica e o comercio de roupa para muller Terra do Baol, organizan a ‘Noite Aberta‘.
Que qué é? Pois unha tarde de xogos, algo de picar e a compañía de Fabio, un maestro xogueteiro coñecedor dos segredos da diversión e da imaxinación, e os Contacontos de Alexia, sabios das palabras, dos libros, de facer creible o increible, de preparar os soños e amigos de escritores, trapalleiros, troantes e fabuladores.
Eso para os rapaces e rapazas, os que se crean rapaces e rapazas e os que queren voltar a selo...os que teñan máis curiosidade en saber en qué andan a traballar en Terra do Baol, Atípica, Sipi Nopi, El país de Nunca Jamás ou que argallan el Peles Guedellas, poden ver, tocar, curiosear e mesmo mercar o que queran de ellas sen presa e sen necesidade de ter que andar dun lado a outro. Non está mal, eh?