O Concello de Vigo organiza hoxe nas prazas de O Berbés e O Progreso unha ‘Festa Multicultural’ que ten coma obxectivo fomentar a integración das persoas que veñen Boutros países e falan outras lenguas, ao tempo que se lles da a coñecer a existencia do galego.
Segundo as concelleiras de Benestar e Normalización Ligüística, é a primera actividade do programa ‘ En galego, tamén noutros mundos’, que contará coa participación de diferentes colectivos sociais relacionados coa inmigración.
Segúndo Iolanda Veloso, as distintas iniciativas buscan o recoñecemento da riqueza cultural ao tempo que axudan á integración das persoas que chegan Boutros países. Tamén sallientou a importancia de que o galego sexa tido en conta coma un elemento positivo e de integración.
O Servizo de Normalización detecta que a meirande parte dos individuos originarios doutros países, teñen unha actitude positiva sobre o galego, xa que os seus fillos están escolarizados na cidade e reciben parte do ensino no noso idioma.
O programa festivo inclúe actividades no Progreso coma degustaxións culinarias, taller de caligrafía árabe, contacontos mexicano, xogos autóctonos de Galicia, e baile. Ás 19:30, un pasarúas percorrerá o Casco Vello e, ás 8 da tarde, leerase o pregón, acto ao que seguirá un magosto.