A artista islandesa Björk actuará o 22 de xuño do ano que ven na Cidade da Cultura de Compostela, no que será o seu primeiro concerto en España no marco da súa xira de 2012, na que presentará o seu último disco, ‘Biophilia‘.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=NEllp3BVq3g
Segundo informou a Xunta nun comunicado, proximamente se anunciará a data na que sairán á venda as entradas para ver a Björk, a quen o conselleiro de Cultura e Turismo cualificou como “unha referencia da música contemporánea dos últimos vinte anos” e “alguén que con cada un dos seus traballos revolucionou o mapa sonoro do momento”. Así mesmo, Roberto Varela destaca que “esta actuación suporá ademais a estrea da Cidade da Cultura como escenario para artistas internacionais de primeiro nivel”, e é que fixo fincapé en que “é un privilexio” contar coa islandesa en Galicia porque “é unha artista que, como os seus seguidores saben perfectamente, elixe con moito coidado os lugares das súas actuacións”.