Galicia

O PP pasaría de 11 a 15 deputados en Galicia, o PSOE de 10 a 6 e o BNG mantería os 2

Segundo os datos do CIS, o PP melloraría os seus datos en Galicia, sen sufrir desgaste algún por mor da súa laboura de goberno na Xunta. Na Coruña, ganaría un escano, que iría ao PSOE, pasando de 4 en 2008 a 5 o vindeiro día 20; en Lugo gañaría outro: de 2 a 3, mentras que os socialistas baixarían de 2 a 1, o cal garante a elección do ministro José Blanco; en Ourense os populares terían un representante máis, 3, mentras que o PsdG se quedaría só con 1, e en Pontevedra sairían elixidos os catro primeiros da lista popular, en non os 3 coma en 2008, no caso do PSOE, perdería un deputado e se quedaría en 2.

O mesmo sondeo  mantén a tendencia do BNG, o que faría que os Francisco Jorquera mantivese o seu escano por A Coruña, o mesmo que Olaia Fernández por Pontevedra.

En conxunto, os populares lograrían 15 deputados, 4 máis que hai tres anos, o socialistas 6, catro menos que nas pasadas Eleccións Xerais, e o Bloque mantería os seus 2 asentos no Congreso.


 

También te puede interesar