Vigo al minuto

O candidato de EU reúnese co Comité de Empresa de Barreras

Rubén Pérez, candidato ao Congreso dos Diputados pola provincia de Pontevedra reuniuse co Comité de Empresa de Barreras onde deu traslado ás propostas de EU en materia de emprego suliñando que frente ao que expoñen os grandes partidos hai marxe para que o estado invirta no sector industrial mediante o endebedamento e o gasto público, “que actualmente está moi por debaixo da media europea. Pérez lembrou que o comezo do problema dos asteleiros, como Barreras, foi cando en 1997 privatizaronse e entregaronse a empresas “fantasmas”, algunhas delas con sede en paraísos fiscais que tiñan como único fin a especulación.

En materia de xeración emprego Esquerda Unida propón 3 medidas fundamentais: crear postos de traballo dende o público, “porque hoxe as empresas teñen moitas dificultade para crealo sen axuda; apoiar ás pequenas empresas e autónomo para que estén en condicións de crear emprego e redistribuir e racionalizar o emprego existente.

O candidato salientou que o plan de choque proposto por EU creará máis de 600.000 emprego a través dun “Programa de empregos verdes” que comprenden reforestación, explotación e mantemento de superficies forestais (300.000 empregos), un programa de rehabilitación sostible de vivendas residencias (200.000 empregos) e un plan de Empregos Sociais, para asegurar o desenvolvemento da Lei de Dependencia e determinado servizo da Administración (170.000 empregos).

Non hai que esquecer aos que remataran as súas prestación para eles, crearase un Plan combinado de formación e emprego en colaboración cós Concellos, o cal permitirá crear 300.000 postos de traballo, incluídos 20.000 para formadores e formadoras.

Para repartir o traballo existente, Esquerda Unida propón unha reducción por Lei da xornada laboral a 35 horas, “mantendo a retribución”, a compensación da reducción da xornada nas empresa e nas Administracións Públicas xerarían 400.000 postos de traballo segundo as sús estimacións.

Ante a cuestión da financiación destas medidas, Rubén Pérez sinalou que sería vía unha reforma fiscal xusta, loita contra a economía sumerxida e o fraude fiscal, a racionalización do gasto público, unha Banca Pública que facilite o crédito e a construcción dun novo modelo produtivo baseado na defensa do público e no papel do público”.


 

Te podría interesar