Vigo al minuto

O Porto contacta coa UE para tentar ser cabeceira na Rede Transeuropea

O Porto ven de iniciar contactos coa Unión Europea co obxectivo de reclamar a súa inclusión como porto principal da Rede Transeuropea de Transporte. Segundo unha nota remitida por este organismo, a finalidade das xestións é coñecer a situación real na que se atopa a súa tramitación e a posibilidade de “saber se é posible corrixir esta decisión”.

Os contactos, precisa a Autoridade Portuaria, tentan de por en valor as razóns da necesidade de incluir ao peirao vigués coma porto central da devandita rede, “antes de que a remisión do acordo ao Parlamento e ao Consello Europeo sexa definitiva”.

Estas xestións, son continuación da remisión ao ministro de Fomento, José Blanco, dun informe sobre o valor industrial dos tráficos do Porto de Vigo os de 2008 a 2010 e da acta do Consello de Administración do mesmo, de data 28 de outono, “no que se esixía a súa inclusión coma porto principal na Rede Transeuropea”.


 

También te puede interesar