Galicia

Os portos dependentes de Galicia moveron un 13% máis de mercadorías

O tráfico de mercadorías aumentou un 13% nos portos que xestiona Galicia, segundo os datos que ven de difundir o goberno galego. Os 122 peiraos dependentes de Portos de Galicia, moveron, e setembro, 151.242 toneladas, fronte ás 133.434 do mesmo mes de 2010.

A actividade más salientable rexistrouse nos portos de Cariño, Ribadeo e Cee: no primeiro movéronse 42.742 toneladas de mercadoría, mentras que no segundo foron 40.897 e no terceiro 21.389.

No que refírese á carga e descarga de peixe fresco, o porto de Burela situouse no primeiro posto con 4.122 toneladas, seguido do de Ribeira, con 2.401 toneladas, e Celeiro, con 1.642. No conxunto de Galicia movéronse en setembro 18.250 toneladas, das que 11.274 fueron descargadas nos portos de titularidade galega.


 

También te puede interesar