Xunta, patronal e sindicatos propuxeron dúas novas alternativas ao ‘tax lease’, o sistema de bonificación fiscal para a construción de buques suspendido dende xuño por unha denuncia na Unión Europea (UE). Os mesmos adaptan as necesidades dos asteleiros galegos ao modelo lexislativo francés, que é o único que a UE está disposta a aceptar. Segundo asegurou o concelleiro de Economía e Industria, nun descanso da reunión da Mesa do Naval, trátase dunhas propostas baseada, o primeiro, nunha amortización anticipada e outro con amortización libre, dende este ano ate 2015.
“A diferenza é substancial, posto que, en vez de estar oito anos a amortizar o buque e poder cargar sobre a conta de resultados do barco un oitavo en cada ano, poderíase amortizar máis rapidamente, o que ten máis vantaxes dende o punto de vista fiscal”, asegurou Javier Guerra.
Os dous plantexamentos enviaranse aos Ministerios de Economía e Industria, aos grupos parlamentarios, á Comisión Europea e ao Consello Económico e Social Europeo, xunto cun estudo e a esixencia de que estos organismos o tramiten inmediatamente ante o “gravísimo risco” que corre o naval de perder máis de 14.000 empregos.