É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másInfrestructuras investirá 629.000 € en melloras de estradas de Salvaterra e Cangas
As obras pagaranse con fondos do Plan Extraordinario de Mellora de Seguridade Vial nas estradas galegas que ten un orzamento total de 27 millóns de euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar obras de mellora e de seguridade vial en diversas estradas pertencentes ao ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo por un importe superior aos 629.000 euros.
As actuacións, que estarán rematadas antes de que acabe o ano, forman parte do Plan extraordinario de mellora de seguridade vial nas estradas galegas que puso en marcha a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e que, ao longo deste ano, xestiona un orzamento adicional de 27 millóns de euros. Os fondos cos que se financia este proxecto proceden do Plan de Choque Fronte a Crise que elaborou a Xunta de Galicia, e que, neste caso e neste ano, implicará a realización de 150 novas obras de seguridade vial e de mellora nas estradas de toda Galicia.
Así, no Concello de Salvaterra reforzarase o firme na PO-409, concretamente no treito Salvaterra-A Rañada cun orzamento total de 199.362 euros. Ademais, tamén no ámbito municipal de Salvaterra, realizaránse traballos de reforzo do firme na PO-408, concretamente no tramo PO-403-Fornelos-PO-403. Para esta actuación, o orzamento é de 231.270 euros.
Por último, no Concello de Cangas, levaranse a cabo obras de conservación do drenaxe lonxitudinal na PO-315 ao seu paso polo municipio cangués. Esta actuación conta cun investimento de 198.368 euros.