É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Coto e os seus sábados de lectura e cine…trae o teu libro favorito e, se pode ser, tarta de mazá
A Asociación Cultural O Coto propón sesións de libros e cine, hai unha combinación máis atrainte?, os sábados dende as oito e media da tarde. no Colexio Público Carballal-Cabral, se queres podel levar palomitas, pero unhas filloas, ou unha tarta de mazá serían máis de agradecer
Lectura e cine. Imposible atopar mellor combinación e mellor compaña e se, ademáis, é entre amigos, nada que engadir. Non se nos ocurriu a nos, mágoa, senon ao Colexio Público Carballal-Cabral (rúa Lomba,1) e á Asociación Cultural O Coto que os sábados entre as oito e media e nove da noite propoñen a todo o que quera que leve o seu libro favorito (valen todos os de García Mázquez, Saramago, Hemingway, Echenique..) e que o intercambie e comente con outra persona que, por suposto, tamén levará o seu.
Logo, proxéctanse películas de calidade (se che gusta Van Damme, Terminator, Steven Seagal ou as españolas de suecas de Ozores ou Rambo, seica deberías quedar na casa e poñer Cine de Barrio ou cine de lama, porque non sintes as pernas), que non se poden ver habitualmente no cine.
A próxima proxéctase o 28 de novembro. É ‘El regreso’, rusa, dirixida por Andrey Zuyagintsev no ano 2003. Transcorre na Rusia contemporánea contando a historia de dous irmás que crecen formando un vínculo moi forte entre eles para compensar a falta do seu pais que so coñecen dunha fotografía de fai 10 anos. A vida deles cambia de repente tras a aparición do seu pai, o que lles fai plantexar moitas preguntas.