Será nacionalista e galego, mais de Bloque xa lle queda pouco. Proba delo e que un dos partidos que o integran, ‘Encontro Irmandiño’ liderado por Xosé Manuel Beiras, ven de pedir a dimisión da Executiva do BNG, cando quedan dous meses para a Asamblea que elixirá aos novos cargos da formación. Encontro Irmandiño tomou esta decisión este mércores nunha xuntanza da súa coordinadora nacional, logo de que o voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, anunciase que poría o seu cargo ao dispor do Consello Nacional este sábado.
O anuncio da formación de Beiras coincide co anuncio de +Galiza, a segunda corrente con maior representación no consello, decidise nomear ao voceiro no Parlamento de Galicia, Carlos Aymerich, coma “referente” nas negociacións co resto dos grupos do Bloque. Encontro Irmandiño considera que a dirección Executiva “leva fallándolle dabondo ao BNG e ao país, debe dimitir, aínda que so falten dous meses para a Asamblea Nacional”. Para os seus integrantes, xestos coma o de Vázquez, “que dimite pero non dimite”, son unha manobra de distracción e confusión que tenta conquerir o mesmo resultado que a Asamblea de 2009 “que non serviu para nada”.
Encontro Irmandiño engade que “non é o intre de falar de voceiros nen de postular candidatos” xa que aínda está pendente outro Consello Nacional o 17 de decembro, eso sí, engade que o feito de que “a UPG secunde a Guillerme Vázquez non aporta nada ao debate” e subliña que é precisa unha rexeneración, “falando franca e abertamente”, e de artellar mecanismos que garantan que o acordado “non queda de novo en papel mollado e que a burocracia se faga, de novo, co BNG”.