É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másSeis do Nadal-Coia, amosa o seu potencial formado por máis de 600 deportistas
O clube Baloncesto Seis do Nadal – Coia presentou a tódolos seus equipos federados e as súas escolas deportivas no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores. Neste acto que abre oficialmente a tempada 2011/2012 a entidade presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a máis de 600 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras , aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.
Unha vez presentados cada un dos equipos e realizadas ás fotos oficias da tempada, tiveron lugar as intervencións dos dirixentes da entidade e das autoridades que acompañaron ao clube durante a Presentación Oficial.
Abriu ditas intervencións Sergio González Larrañaga, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, e logo continuaron no turno de palabra Guillermo Reinaldo Barcia, Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Vigo, Jose Luis Pérez Pérez; Presidente e Director Executivo da Delegación Viguesa de Baloncesto; Ánxeles Rivela Machado, Directora do CEIP Seis do Nadal, e Beatriz Rodríguez Méndez, Secretaria do CPI Celso E. Ferreiro; pechando as intervencións Concepción Martíns Rivas; Presidenta do vigués Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, quen alientou a todos os membros a levar o nome de Vigo con honra e a amosar o esforzo que o clube está a facer polo deporte de base e a importancia que ten o desenrolo deportivo, especialmente na formación dos rapazas e rapaces, xa que o mesmo aporta valores que levarán consigo toda a vida.