Deportes

A Volta Ciclista a España percorrerá a metade dos concellos de Pontevedra

Así o asegurou este mércores o presidente da Deputación, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos alcaldes de Ponteareas, Sanxenxo, Vilagarcia e Cambados.

Rafael Louzán indicou que a Volta chegará á provincia o domingo 26 de agosto, “o día seguinte, de descanso, os corredores entrenarán polas nosas estradas”; o martes 28 a décima etapa sairá de Ponteareas e pasará polo Val Miñor e o Morrazo e chagará a Ponteareas. O mércores 29 disputarase unha contrarreloxo individual que sairá dende Cambados e chegará a Pontevedra. O xoves a proba partirá de Vilagarcía cara a Coruña.

Dende o día 26 ao 30 de agosto a caravana, composta polos ciclistas, adestradores, directivos, árbitros e directivos ocupará 1.200 prazas de hotel catro noites.

Louzán, quen non precisou o custo deste evento, solientou a repercusión que terá “tanto no sector hostaleiro coma na promoción das Rías Baixas” e lembrou que o turismo é un sector estratéxico na provincia “que hoxe ocupa o séptimo lugar de España no ranking de destinos”. Por iso considera que a chegada da Volta será “un importante reclamo que aumentará a ocupación nos hoteis en dúas semanas máis”.

Rafael Louzán lembrou que as distintas etapas retransmitiranse a140 países “en directo” e adiantou que o logotipo de ‘Turismo Rías Baixas‘ estará na caravana e no acto de presentación da carreira o vindeiro 11 de xaneiro.


 

You may also like