Comarcas

O Concello de As Neves remodela completamente o entorno do Mercado Municipal

O Concello de As Neves ven de acometer as obras de mellora e acondionamento de acceso ao Mercado Municipal, cunha remodelación completa do mesmo. Segundo asegurou o alcalde a esta redacción, “o obxecto das mesmas é o de potenciar a área comercial, dándolle prioridade ao peón”. Raúl Emilio Castro, que acompañou ao delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, nunha visita ás mesmas, salientou que “será unha zona de uso e disfrute para os nevenses e todas aquelas persoas que acuden á feira e ao noso mercado”.

O mesmo, situado en pleno casco urbán do concello, sufrirá unha transformación completa logo do levantamento do firme e o cambio de beirarrúas, aproveitando o material xa existente, na súa meirande parte de granito, colocando un reborde de pedra. Nas cabeceiras das beirarrúas e nos pasos de peóns, colocaranse novos badens, eliminando calquera barreira arquitectónica.

Asimesmo, como indicou o alcalde, “vaise completar a rede de recollida de augas pliviais”, mediante a construcción de sumidoiros sifónicos, “irán conectados á rede xeral mediante novas tuberías de pvc”. Así mesmo, está prevista a colocación de bocas de riego e hidrantes para incendios, “coa finalidade de que a rúa dispoña de todas as medidas de seguridade necesarias”.

A obra sufragarase nun 75% por medio dunha subvención da Consellería de Economía, que aportará, ao logo de 2011 e 2012, un total de 75.000€, mentras que o Concello investirá, no mesmo prazo, 25.000€. A mesma ten un prazo de execución de 3 meses e, coma manifestou o alcalde Castro, “ven de supoñer unha aposta decidida pola actuvidade económica e polo comercio de As Neves, ao tempo que se recupera e mellora un espazo para o lecer dos veciños”.



 

 

 

 

 

 

 

También te puede interesar