É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDelegados sindicais péchanse na Consellería de Educación
Uns cincuenta delegados pertencentes á Confederación Intersindical Galega (CIG), ANPE, Comisións Obreiras, UGT, STEG e CSIC, están pechados no patio de entrada da Consellería de Educación agardando a que os reciba o titular da mesma.
Os sindicalistas, membros da mesa sectorial, que chegaron a San Caetano pasadas as 11 e media da mañán deste mércores, queren tratar con Jesús Vázquez os recortes no ensino que, segundo declararon, supuxeron xa que se prescindise de máis de 400 docentes e que está a poñer en perigo a ormación dos alumnos dos centros públicos.