“Non estou disposto nin non disposto”. Deste xeito respostou o presidente da Deputación de Lugo á pregunta sobre se é un dos posibles candidatos a liderar o PSOE galego. José Ramón Gómez Besteiro, único presidente socialista dunha deputación galega, amigo persoal de José Blanco e un dos poucos socialistas que ten boas relacións co BNG, sempre sonou coma alternativa a Feijóo nas vindeiras eleccións autonómicas.
“Nos meses vindeiros seguirei traballando pola procincia de Lugo”, engadiu, e rematou, “nin estou nin se me agarda nesa proposta”. Negativas todas que non negan nada, máis tendo en conta que a súa candidatura sería moi ben vista tanto nas agrupación socialistas da provincia de A Coruña, coma en Pontevedra, ademáis de Lugo, non só pola súa traxectoria, senon pola súa experiencia, antes de ocupar o sillón da deputación exerceu coa concelleiro de Urbanismo na capital lucense, e a sua capacidade de xestión e a condición de home dialogante, que ate lle recoñecen os populares, e pausado, coma amosou na investigación xudicial do organismo provincial.