O conselleiro de Participación Cidadá faltou á verdade cando asegurou que coa retirada da subvención á Asociación de Veciños de Teis o Concello aforraría preto de 40.000 €. Dacordo cos orzamentos de 2011, destináse á atención ao público e conserxería de centros cívicos era de 112.892 € e a que figura na proposta de orzamentos municipais para 2012 é de 167.892, o que supón que se incrementa en 55.000 €.
Curiosamente, esta é a mesma cuantía reflectida no convenio entre a asociación veciñal e o Concello e que foi rescindido polo goberno local co argumento, repetido en varias ocasións polo concelleiro Santos Héctor de que era necesario para recortar gastos.
A este feito se suma o de que o goberno non acata o acordo plenario no que por maioría se lle insta a devolver a xestión do Centro Cívico aos veciños. Dende a Asociación Veciñal advírtese que estas decisión “non afectan unicamente a Teis, senón que amosan o carácter arbitrario e caprichoso da xestión dos fondos públicos vigueses, o abuso de poder por parte do alcalde e o concelleiro Hector Santos, e a constante intoxicación informativa deste contra a nosa entidade”.