Deportes

A Selección Galega Xuvenil de Balonmano, xoga polas medallas no Campionato de España

A selección galega xuvenil masculina xogará as semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se está a disputar en Granada. Galicia superou nos cuartos a Aragón (27-25) e agora comeza a loita polas medallas fronte a Catalunya .

O equipo galego foi por diante no marcador dende o primeiro minuto e chegou a alcanzar os catro goles de distancia en varios momentos do choque, pero a medida que se ía achegando o descanso, foron acortándose as distancias (14-12, no descanso).

E tras o tempo de reflexión no vestiario, Aragón apertou e logrou empatar o partido (14-14, minuto 2 da segunda parte). Pero a partir de aí, os galegos xa non dubidaron e, fortes en defensa, foron medrando no seu xogo ata chegar a alcanza unha vantaxe máxima de 7 goles (minuto24 da segunda metade). Nos minutos finais, selección galega afloxou e limitouse a esperar o final do partido sen arriscar.

Na categoría feminina, Galicia empatou a 23 goles con Castela a Mancha.


 

También te puede interesar