A escritora Teresa Moure considerou “durísimo” o nomeamento de Jesús Vázquez como responsable de Cultura en Galicia, a quen sinalou coma “un dos máximos responsables da auténtica doma e castración” da lingua galega como conselleiro de Educación.
En declaracións a Radio Nacional, Moure sinalou a Vázquez como un dos responsables do “proceso de acoso e derrubamento á lingua galega propio da época dos Reis Católicos“, aínda que matizou que “non é o único” e que os culpables teñen “nome e apelidos…xunto á pasividade de parte da cidadanía”.
A ensaista cre que ningunha das persoas que traballa nos ámbitos da Educación ou a Cultura “se pode sentir a gusto coa fusión de departamentos e que ambos os dous ámbitos se van resentir”.