Galicia

Esquerda Unida empeza unha campaña para explicar que o Concello pode parar a suba do 10% do IBI


Para elo, Esquerda Unida difundirá carteis explicativos sobre o “incremento do  aprobado 
polo novo goberno de Rajoy que, de ser secundados polo goberno local  serían do 10%”
Os carteis serán colocados en asociacións veciñais e zonas públicas para esclarecer o 
que supón unha suba do 10% aplicable “á totalidade das vivendas de Vigo, dacordo co
 Decreto do 20 de novembro, e que o alcalde non aclarou se aplicará a maiores do 3,8% 
de suba, aprobada polo PSOE e o BNG no Pleno da Corporación”. 
Rubén Pérez, coordenador local de Esquerda Unida, considera que 
"Abel Caballero culpa ao PP de promulgar un decreto que él vai a aplicar con gusto,
 e que un goberno progresista debería contrarrestar baixando o tipo aplicable”, 
decisión que, lembra Pérez, corresponde ao Concello mediante unha ordenanza reguladora. 
Esquerda Unida lembra que o decreto ordena unha suba do 10% 
nos concellos que teñas sido obxeto dun procedemento de valoración anterior 
ao ano 200, non poidendo resultar un tipo de gravame mínimo e supletorio
 inferior ao 0,5% en 2012 e 0,6% en 2013. “O actual gravame da gran maioría das 
vivendas urbanas de Vigo é do 0,759%, polo que supera ese mínimo imposto
 polo Goberno, aínda que non se aplique a devandita subida do 10%”. 

También te puede interesar