Só hai que soplar de xeito enérxico durante 6 segundos a través dun aparato do tamaño dun móbil e pódense descartas calquera patoloxía respiratoria casi nun 100 por cento dos casos e diagnosticar enfermidades tan frecuentes como o asma e a Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC) sen ter que ir ata o hospital. Neumólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo acaba de validar o COPD-6, un novo dispositivo portátil que detecta este tipo de enfermidades de xeito rápido, doado e fiable.
O estudo, asinado por Cristina Represas e Alberto Fernández Villar, foi recoñecido co premio ao Mellor Traballo Científico entre 30 traballos presentados na XXVII Reunión Anual Galego Portuguesa de Neumoloxía en Santiago de Compostela. Algúns neumólogos da área sanitaria de Vigo xa dispoñen deste aparato, aínda que os doutores Represas e Fernández Villar esperan que a súa utilización se vaia xeneralizando co paso do tempo. Para isto xa iniciouse un proxecto de investigación con Atención Primaria, no que participarán treinta médicos de diversos centros de saúde da área viguesa, para realizar unha validación clínica neste nivel asistencial.
O 8% dos vigueses teñen trastornos respiratorios
O mesmo grupo de investigación aproveitou a reunión para presentar un estudo poblacional sobre a incidencia dos trastornos respiratorios na área sanitaria de Vigo, o primeiro deste tipo que se fai en Galicia, no que participaron máis de 400 adultos voluntarios e que deixa un dato ben claro: o 8% da poboación viguesa padece unha destas enfermedades e a maior parte deles o descoñece. E aínda que moitos casos detectados eran leves, teñen que ser diagnosticados para tratalos e evitar que se convirtan nunha enfermidade grave e incapacitante.
A EPOC é unha obstrucción crónica da vía aérea asociada, nun 90 por cento dos casos, ao tabaquismo, e que progresivamente vai diminuíndo a capacidade pulmonar do paciente. En consecuencia, os pacientes ven moi mermada a súa calidade de vida, con serias limitacións orgánicas e funcionais.