Galicia

Os arquitectos vigueses tamén existen, a proba? os 44 proxectos que amosan no COAG

Este venres ás 8 do serán, preséntase, na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Doutor Cadaval, 5) aos medios de comunicación a exposición “Amósate a ti mesmo”, que consta de 44 proxectos arquitectónicos que colexiados vigueses queren amosar á cidadanía e aos seus compañeiros.

Ademáis, o estudio vigués BMJ, composto por dúas arquitectas, impartirá una conferencia sobre o seu traballo e a situación da profesión, inaugurando así o ciclo “Un tras outroque dará cabida aos estudios máis destacados da cidade.

Ambas iniciativas, organizadas pola comisión de cultura do Colexio Oficial de Arquitectos, marcan o inicio das actividades para este ano 2012.


 

You may also like