Vigo al minuto

O BNG denuncia que o goberno local pagou 4.000 € por un anuncio escrito só en castelán

O grupo municipal do BNG denunciou este luns publicamente o incumprimento da ordenanza municipal sobre Normalización Lingüística por parte do goberno local. Segundo indicou a concelleira Iolanda Veloso, o Concello publicou un anuncio institucional nun xornal local “só en castelán, cando o regulamento local indica que “os anuncios institucionais do Concello de Vigo, publicados en calquera medio de comunicación” de Galicia serán redactados en galego”.

Veloso, quen adiantou que o Bloque presentará un rogo no próximo Pleno esixindo ao goberno local que cumpra a lexislación e salientou que no devandito anuncio malgastáronse” 4.000 € dos fondos públicos xa que o mesmo non tiña información relevante.


 

También te puede interesar