É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCerca de 300 persoas probarán a súa orientación na Serra do Galiñeiro
Un compás, un mapa e unha boa dose de aventura
serán as ferramentas dos participantes no VIII Trofeo Universidade de Vigo na derradeira proba da XVIII Liga Galega de Carreiras de Orientación organizada polo Club Universidade de Vigo, a Asociación Galega de Clubs de Orientación e o Club Deportivo Lupalu. A cita será o vindeiro sábado 28 de novembro na Serra do Galiñeiro, un lugar moi espectacular cunhas boas vistas para gozar da mañá facendo deporte en contacto coa natureza. Trátase dunha disciplina na que é imprescindible unha boa intuición e un bo coñecemento do medio no que se desenvolve, aplicando diversas técnicas de localización para situarse no terreo, ao tempo que se realiza unha actividade física de maior ou menor intensidade segundo quen a practique.
Jose Luis Armada, responsable do equipo de orientación da Universidade de Vigo, describiu a disciplina como “universal”, posto que non se precisan habilidades especiais para a práctica deste deporte, tan so é necesario saber interpretar as instrucións do mapa e o compás, aínda que tamén destacou a relevancia na destreza da orientación. Nesta ocasión agárdase que se acheguen ao monte de Vincios cerca de 300 corredores de toda Galicia, tanto profesionais como afeccionados, dos que aproximadamente un 80% forman parte dos 13 clubs de orientación da comunidade galega, entre o que se atopa o equipo da Universidade, formado por estudantes e persoal, así como outros membros da Comunidade Universitaria.
Un total de sete itinerarios establecidos segundo o nivel de dificultade, distancia e desnivel conforman este Trofeo Universidade de Vigo, sendo o primeiro o máis sinxelo e o sétimo dirixido a deportistas de élite. Tamén hai un percorrido exclusivo para os amantes da bicicleta de montaña, aínda que non conta coa catalogación oficial nesta Liga, posto que xa ten a súa propia disciplina de orientación. Existen diversas categorías segundo a destreza e a idade dos participantes, que pode comprender dende os 12 anos ata maiores de 45, divididos por grupos.