Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Máis de mil comercios solicitaron as axudas da tenencia de alcaldía para afrontar a crise
Un total de 1.056 establecementos comerciais solicitaron as axudas convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio para paliar os efectos da crise e as obras na cidade. A contía destas subvencións, destinadas a fomentar o emprego e a formación, ascende a 1,2 millóns de euros, dos que 600.000 euros corresponden a este ano 2009, e unha cantidade igual se sumará no primeiro trimestre de 2010, cando se abrirá unha nova convocatoria.
Os criterios para valorar a concesión das subvencións son o mantemento do número de traballadores de cada empresa solicitante e tipo de contrato de cada empregado, a incidencia das obras na disminución das ventas e, en terceiro lugar, os procesos de formación dos traballadores e traballadoras. Unha vez que o comité leve a cabo a valoración pertinente, a resolución estará rematada a mediados de decembro.
Estas subvencións se suman as axudas dirixidas ás familias con menos recursos, e tamén convocadas pola Tenencia de Alcaldía, destinadas a fomentar o consumo nos pequenos e medianos comercios da cidade. Deste xeito, son un total de 2.400.000 euros os investidos para potenciar o consumo no comercio vigués nesta época de crise.