Galicia Vigo al minuto

A CIG convoca á Folga Xeral o 29 de marzo

O secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), anunciou para o día 29 de marzo a convocatoria de folga xeral en Galicia, coincidindo coa data elixida polos sindicatos nacionalistas de Euskadi e Navarra, en contra da reforma laboral, que considera “o maior ataque que se fixo á clase traballadora dende a Transición”.

Suso Seixo salientou que a CIG realiza esta convocatoria para denunciar que o Goberno central quere “cargarse o dereito de traballo tal como estaba concibido ata agoracunha “normativa laboral ao servizo do empresariado”. O secretario xeral subliñou que é unha reforma feita “á carta” para os empresarios que “poderán decidir unilateralmente en eidos coma os salarios ou a mobilidade, e comparouna coua reforma das pensións.

Como fixeran en Vigo os secretarios de UGT e CCOO, pero no sentido contrario Seixo, referíndose aos dous sindicatos, dixo que “non se pode seguir na ambigüidadeque, indicou “”lembra moito á reforma das pensións, na que remataron pactando a xubilación aos 67 anos”.

Seixo engadiu que  “se estes señores van aparecer convocando para finais de abril ou maio, ou para o mes de xuño, non nos vale tampouco”, e xustificouse en que o mes de marzo se debaterán os Orzamentos do Estado “que van ter uns recortes durísimos”,que estima en 40.000 millóns, “e será cando se debata mediante proxecto de lei, por vía de urxencia, a reforma laboral”.

 

También te puede interesar