O Concello de A Coruña ven de pechar un acordó coa Xunta para que o gobernó galego aporte preto dun millón de euros na promoción do aeroporto da cidade naqueles lugares cos que ten conexión a terminal coruñesa.
Segundo o consistorio herculino, este decisión “é o froito dunha negociación de semana coa que o alcalde cumpre co seu compromiso de que o gobernó autonómico impulse os tres aeroportos galegos de xeito equitativo”. Porén, sinala o alcalde Negreira, “Alvedro contará este ano para a súa promoción coa mesma cantidade que Lavacolla e Peinador”.
Estos cartos tamén irán “á captación de turistas e pasaxeiros”, empezando por actividades de promoción en Madrid, Barcelona, Sevilla, Lisboa, Londres e Ámsterdam.
Negreira, logo de amosar o seu agradecemento á Xunta, sinalou que comeza unha nova estratexia que deixa de asinar contratos coas compañías aéreas para facer un “patrocinio directo de A Coruña”, e que as relacións coas devanditas compañías terán que ser “estables e duradeiras, e nunca máis pola subasta anual de voos”. O alcalde coruñés entende que, con esta estratexia recuperáronse as conexión con Sevilla e Amsterdan, conqueriuse que “Alvedro sexa aeroporto base de Vueling” e “consolidaronse” as pontes con Madrid, Barcelona, Londres e Lisboa.