Galicia

Unha axencia europea reprende á Xunta polas medidas adoptadas no eido da política lingüística en relación co galego

A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages indica que “as medidas adoitadas pola Xunta contra a lingua galega vulneran os tratados internacionais asinados por España”.

manifa galegoA European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu onte na súa reunión, celebrada en Barcelona, unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida pola Xunta . O texto sinala que “as medidas adoptadas contra a lingua galega en abril supoñen unha vulneración dos tratados interaccionais sobre dereitos lingüísticos asinados por España” e contra a carta Europea de Linguas Rexionais Minorizadas.

A EBLUL afirma que “é especialmente grave non só que non se adoptasen as medidas recomendadas senon que se desmantelaran algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa como a Rede Galega de Escolas Infantis”.

O documento anima” ao goberno galego a que desenrole unha política lingüística de espallamento social da lingua propia de Galicia e advierte que “de seguir con esta política de desprotección” dará conta da mesma aos diferentes foros interaccionáis. Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posue o rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).

También te puede interesar