Ciencia y Tecnología

Esta fin de semán, no Museo do Mar, obradoiros sobre especies mariñas e roteiro polo Lagares

O Museo do Mar de Galicia desenvolverá, a partir desta fin de semana e con motivo da reapertura do acuario, un programa especial de obradoiros, dirixidos aos nenos e ás familias, que xirarán en torno ás especies que conviven no tanque.

A dieta dos animais do mar será a temática elixida para o primeiro obradoiro, que se celebrará esta mesma fin de semana en dúas sesións – os días 10 e 17 de marzo, de 12:00 a 13:30 h., para os nenos; e os días 11 e 18 de marzo, de 17:00 h. a 18:30 h, para ás familias-.  Ensinará a recoñecer qué alimentos comen os animáis mariños, qué é a cadea alimenticia ou qué elementos a compoñen, entre outras materias e sempre dende unha óptica lúdica.

Por outra banda, este domingo o Museo levará a cabo unha nova xornada do programa ‘Roteiros pola costa’ (11:00 h.), que nesta ocasión propón un percorrido guiado pola Xunquiera do Lagares, unha zona singular e de especial interese medioambiental e histórico.

Durante a visita, os asistentes poderán coñecer algunhas das especies animais e vexetais presentes nesta marisma, como son as aves, ou descobrir a importancia que tivo no pasado como productor e abastecedor de sal este lugar.

Os interesados en asistir, deberán encher un formulario que atoparán na páxina web do Museo www.museodomar.com ou chamar ao teléfono 986247691. O Museo do Mar lembra que a actividade é completamente de balde, que o número de prazas disponibles para a mesma é de 50 e que o lugar de encontró é aparcadorio do Complexo Deportivo Municipal de Samil.

 

También te puede interesar