Ciencia y Tecnología

As Xornadas sobre as Illas Atlánticas, os vindeiros 23 e 24 deste mes

A Consellería de Medio Ambiente, organiza durante os vindeiros días 23 e 24 de marzo as VII Xornadas Formativas para guías e informadores turísticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre  das Illas Atlánticas de Galicia, que se desenrolarán entre o Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as propias Illas Atlánticas.

As xornadas terán tres obxectivo principais. O primeiro será proporcionar aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potencias visitantes do Parque Nacional sobre os servizos que se ofertan, a propia normativa ou aspectos útiles sobre a xestión do lugar. Así mesmo, outra das metas que se perseguen é proporcionar aos participantes un canal útil de comunicación para poder facer suxestións en áreas relativas ao seu traballo. Finalmente, as Xornadas serán un instrumento para promover unha visión integral da rede de espazos naturais en Galicia, tendo como referente a sostibilidade e a conservación.

Programa das xornadas

As xornadas darán comezo o día 23 de marzo, cando terán lugar as charlas teóricas que versarán sobre o patrimonio natural e cultural do parque, a lexislación en materia de espazos protexidos así como de aspectos prácticos que deben presentar os guías turísticos ás visitas. O acto de presentación será ás 09:30 horas no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, a cargo do director-conservador do Parque Nacional, Antonio Fernández Bouzas. Posteriormente, trataranse as temáticas anteriormente sinaladas a cargo do persoal do Parque.

O día 24 de marzo trataranse os aspectos prácticos das Xornadas mediante unha visita ás Illas Atlánticas, onde realizaranse rutas guiadas polo Parque Natural ademais da organización de diversas actividades onde poderán participar os asistentes. O embarque será as 10:00 horas dende a Estación Marítima de Vigo e finalizará a redor das 17:00 horas.

O número de inscritos a día de hoxe é de 225 persoas, para as 80 prazas ofertadas na www.parquenacionalillasatlanticas.com, polo que se realizará unha selección en base a criterios como; a relación do traballo do solicitante coa temáticas das xornadas, a profesión, os estudos académicos e o orde de chegada das solicitude. A listaxe definitiva de admitidos publicarase na mesma web o día 14 de marzo. Os participantes nas xornadas obterán un certificado que acreditará a súa asistencia.

Parque Nacional

As Illas Atlánticas foron declaradas Parque Nacional no ano 2002, polo que celébrase o 10º aniversario da súa declaración como lugar de protección. As Illas Atlánticas comprenden os arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada na provincia de Pontevedra ademais da illa de Sálvora, na Coruña. Dende o ano 2008, a Xunta ten a súa competencia en exclusiva. A importancia deste parque radica na súa gran diversidade mariña con máis de 200 especies distintas de algas, o que orixina un gran ecosistema mariño con gran cantidade de especies de plantas, peixes e aves mariñas que habitan no entorno.

 

También te puede interesar