A Consellería do Medio Rural e do Mar informa que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Avión, na parroquia de Barroso, está controlado. O lume iniciouse onte, venres 9 de marzo, ás 21:20 horas da noite e quedou controlado ás 12:00 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas.
Nos labores de extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 9 brigadas, 7 motobombas, 1 pala, 2 helicópteros e 1 avión.