A Comandancia da Garda Civil de Lugo celebrará este luns unha subasta de 433 lotes de armas compostos por 362 escopetas, 6 rifles, 13 carabinas e 50 armas curtas. Segundo informa o instituto armado, a puxa, que é pública, comezará ás 10 da mañá nas dependencias da devandita comandancia e na mesma poden participar personas físicas e xurídicas, eso sí, teñen que ter permiso de armas.
Os lotes e condicións da subasta están expostos nas dependencias do acuartelamento dende o pasado día 12 e pódense consultar dende as 9 e media da mañán.