Galicia

O BNG debería pasar a chamarse NG?

A lo menos é o que parece máis lóxico vendo como se desartella. Se hai uns días Encontro Irmandiño e +Galiza decidiron abandonar o BNG, agora é Partido Nacionalista Galego, quen o deixa. Así o decidiron o 77 %  dos seus militantes no IX Congreso Nacional Extraordinario celebrado este sábado.

Na xuntanza, ademáis decidiuse acometer un “compromiso sinceiro e sen condicións previas” para a creación dunha grande forza política “galeguista e nacionalista, progresista e transversal” á que “se poidan incorporar todos galegos que participen destes principios”.

Os seus asinantes, ademais, expresan a súa  vontade de “confluír cos grupos e persoas” que asuman os postulados aprobados por esta formación para traballar así en favor da creación desa grande forza “galeguista e nacionalista”.

Igualmente, propoñen facilitar a participación na toma de decisións políticas por parte dos cidadáns e defenden como “absolutamente prioritario ampliar a base social do galeguismo e o nacionalismo”.

 

También te puede interesar