Esquerda Unida espera que “a teima de asignar varios millóns de euros en plans de emprego do BNG non teña nada que ver coa posibilidade de contratar empregos con fondos municipais a través do consorcio do Casco Vello”, feito que, subliña EU, xa te fixera noutras ocasións con programas como o de Coidadores de Barrio que, pese a considerar interesantes, EU cree que “teñen que ser xestionados dende o concurso público e dende a contratación do propio Concello”
O coordenador local de EUen Vigo lembra que artellar contratación laboral en base a “programas que logo co tempo quedan sen asignación” significa que personas que comezan unha actividade laboral concreta quedan na “estacada” cando se agotan os recursos asignados a ese plan e indica que programas como o dos Coidadores tiveron dous paróns por problemas orzamentarios ate que na súa derradeira etapa os traballadores e traballadoras do servicio constituironse en cooperativa para xestionalo.
Para Rubén Pérez, “os que se din de esquerdas teñen que erradicar dunha vez os modelos de emprego semiprivados ou privados con cargo a cartos públicos” e afirma que se se necesita un servicio hai que consignar os postos na Oferta Pública de Emprego “e deixarse de chiringuitadas” de dudosa utilidade para consolidar emprego. O modelo de contratación mediante Consorcios, contunúa o responsable comarcal de EU,”orquestado nun primeiro momento polo PP, foi curiosamente o máis denunciado por sindicatos e cidadáns durante os goberno do bipartito na Xunta “ e, por elo Esquerda Unida considera que a contratación con cartos públicos non pode nin debe dende unha concepción de de esquerdas da política e da xestión pública orientada a este modelo.
Por todo elo, Rubén Pérez asegurou que EU estará vixiante ante os procesos de contratación laboral que se consignen dende o Consorcio do Casco Vello ou entidades similares que sexan receptoras dos futuribles plans de emprego que “con evidente opacidade” inclúen a proposta de orzamentos para o 2012.